1 sept 2010

I Festival Folk de Vigo


Ola a tod@s, non sei se coñecedes a nova iniciativa que vai dar comezo en Vigo, o I Festival Folk.

Presentámola coas palabras da organización:


Estimados amigos/as:
Este mail e pare presentar esta iniciativa, que nace dunha maneira moi modesta e baseandose, casi nunha cadea de favores, pois aquí todo faise dunha forma totalmente altruista, cousa que non sei como poderei agradecer o longo da miña vida, pois é moita xente a que esta a colaborar conmigo na realización do mesmo.

En primeiro lugar, a serie de grupos que veñen de lonxe, tales como Saltanocribo (Lugo), Kerkennai ( Baixa Limia ), A Quenlla ( Lugo) e Ghaita de Pedra ( Lugo).
Tamén como non, os de aquí da nosa cidade que apostan sen dudalo polo noso festival, grupos como Matamá Ensemble que veñen de gañar un concurso de caracter nacional en Palencia, Saldos Negativos, que veñen de participar no Festival de Lorient, e Davide Salvado un artista tradicional que amosara o mellor da nosa tradición. E por último, O Fiadeiro, a mellor asociación cultural folclorica deste o noso país, grupo que acompaña a SondeSeu nos seus concertos e que nos deleitara durante a sua "propia noite" onde os seus cantareiros e cantareiras amosaronnos o mellor do seu repertorio cantado. Hai unha serie de grupos que por diversos motivos non poden acudir o noso festival, a eles tamén gracias, pois eles tamén apoian o noso proxecto.

Tamén como non, a Hipolito e a Uxio, propietarios dos locais onde celebraremos o festival. Sen eles, isto tampouco seria posible. O Bar Hipolito esta situado na Avenida de Castrelos 26, frente o pavillón das Travesas. O Bar Batallón está situado na zona de Churruca, na Rua Martín Codax 17. E tamén a Manuel, o propietario do Tempo 23, pois ofreceuse a colaborar, pero non din conseguido grupos suficientes. Unha magoa.

E bueno, moita xente que animoume e colaborou para que isto fose adiante. Eles tamén forman parte de isto.


Os concertos comenzaran sobre as 22:00 hrs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario