16 ago 2010

"As Nosas Músicas Couso 2010"


O pasado sábado catorce Folk in Trío achegouse a Couso, un lugar pequeno pero organizador un ano máis do gran certame de "As Nosas Músicas", no cal poidemos desfrutar, xa dende primeiras horas da tarde, cos obradoiros de canto tradicional de Xabier Díaz, de pandeira "redonda" con Felisa Segade e por último todos aqueles que quixeron poideron asistir ao curso de iniciación ao baile tradicional da man de Luís Prego. Támen pola tarde poidemos ollar un desfile de xigantes para os máis pequenos.

Pero a festa non facía máis que comezar, a partir das 9 da noite, chegaron os grandes mestres pertencentes ás terras de Mondariz e a Pazos de Borbén, fixeron soar as súas pandeiretas e con eles comezou o serán, baile e máis baile...

Logo veu o concerto de Linho do Cuco, que presentaba en Couso o seu novo traballo discográfico "3", do cal falaremos con máis detenimento nun dos próximos programas de Folk in Trío.
Un concerto animado que deixou a xente con ganas de máis festa, e así, quedou o escenario libre para que Celsiño Contacontos puxera un pouco de calma na festa e todos os alí presentes desfrutaramos escoitando uns relatos.

E xa entradas altas horas da noite o escenario foi compartido, por grupos na súa maioría parte da comarca da Estrada, e así comenzou a verdadeira festa que durou como era de agardar ata o día seguinte moito máis aló do amencer.


Non dubidedes en asistir o ano que ven!


Bea Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario