26 jun. 2010

Folk in trío - Programa I


Ola a todos!
Presentámosvos o que vos achegaremos no primeiro programa.

  • Festival de Ortigueira 2010
A vindeira semana comeza o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e en Folk in Trío non imos desperdiciar a oportunidade de falar un pouco do mesmo. O venres seguinte estaremos en pleno festival, e poderemos falarvos dos artistas do propio venres e sábado con maior profundidade, pero este venres e como inauguración do programa falaremos do Runas, o proxecto deste festival para achegar aos novos grupos a oportunidade de tocar nun emplazamento coma este. Coñeceremos os temas dalgún dos grupos que se presentaron este ano ao concurso.


O ano pasado foron un dos grupos seleccionados polos iternautas para participar no Runas. Na noite do 9 de Xullo soaron os seus temas en Ortigueira, uns temas que en Setembro se quedarían na súa primeira gravación discográfica,. Contaránnos como foron esas dúas experiencias e como afrontan este verán cheo de concertos.

Agardámosvos a todos no 103.04 se estás preto de A Coruña ou senón en Internet, en CuacFm.org

Apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario