14 jul 2011

Este venres 15XULL na FNAC: TONHITO DE POI presenta o single e videoclip de MARUJA DA CANSELA


VENRES 15 DE XULLO – 19:30h

FÓRUM DA FNAC – A CORUÑA (Praza de Lugo)

TONHITO DE POI

Presenta o single e o videoclip de

‘MARUJA DA CANSELA’

O de Ribeira estrea single, videoclip e web

Este venres, 15 de xullo, Tonhito de Poi presentará en directo o seu novo single, ‘Maruja da Cansela’, unha canción baseada nunha carta real enviada nos anos 20 por un galego emigrado en Nova York á súa moza Maruja alén do Atlántico. Unha historia

Ademais do concerto acústico de Tonhito, na presentación do venres tamén se proxectará o videoclip de Maruja da Cansela, unha orixinal montaxe realizada polo estudio coruñés Airastudio, en colaboración co deseñador Marcos Martínez e coproducido por Airapro e os alumnos do Ciclo de Produción Audiovisual, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa – Ourense.

A presentación coincide co lanzamento da nova web de Tonhito de Poi,www.tonhitodepoi.eu

Maruja da Cansela é o último proxecto de Tonhito de Poi, que este verán xirará por toda Galicia tanto en solitario no formato acústico como acompañado dunha nova e potente banda rock producida por Airapro: Tito José Calviño á guitarra, Francisco J. Leiro ao baixo e Miguel Queixas á batería.


No hay comentarios:

Publicar un comentario