Quen somos?

Folk in Trío é un programa de Cuac FM sobre música folk e tradicional, con especial atención á galega, pero sen esquecer outras rexións. Todo tipo de cultura galega ten cabida neste espazo, que dende Xullo de 2010 está nas ondas para todos vós.

A música folk e tradicional dase cita neste espazo con música en directo, sorteos, anuncios, entrevistas... e un lote de novidades cada semana con gran apoio pola música novel.

Temos feito programas en directo, como na Antiga Prisión Provincial da Torre aproveitando o noso 50º programa, ou o Especial Festival Interceltique de Lorient, dez programas en directo dende a Bretaña francesa nos anos 2012 e 2013.

Levamos a música folk e tradicional ás ondas:

Antonio Prado

Bea Mariño


Roberto Aller


Técnico de son: Manuel Castro