14 jul 2011

CONCERTO DE PRADAIRO NO XII MEMORIAL RICARDO PORTELA - PONTEVEDRA


CONCERTO DE

PRADAIRO
+ Noitarega


Domingo 17 de xullo de 2011 ás 21:00h,
Memorial Ricardo Portela
Praza da Peregrina, Pontevedra

A fin de semana do 16 e 17 de Xullo de 2011 terá lugar a XII edición do Memorial Ricardo Portela.
Trátase dun concurso de gaita que quere render unha merecida homenaxe ao gaiteiro de Viascón,
mestre recuperador da forma de interpretar a gaita en toque pechado.

O sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, e o domingo coas actuacións de Noitarega e Pradairo.

Pradairo

Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volta cunha nova proposta chea de tradición e innovación,
sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual.

Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable
para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

Dez músicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzo
por todas as tímbricas dos nosos instrumentos coloreados con tinguiduras doutras terras.

Ritmo e creatividade cos pés na terra. Pateado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario