1 nov 2012

I Encontro de violino popular


A Pobra de Trives acolle o I Encontro de violino popular, un programa de actividades varias ao redor deste instrumento e a súa versión máis popular: divulgación, práctica, convivio, concertos, conferencia,...
I Encontro de Violino Popular é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Courtier convirte a Terra de Trives no epicentro do violino popular.



PROGRAMA:
  • Venres 9 novembro  
Sesión didáctica “O Violino de Courtier” / 10:00 Centros Educativos
Concerto de TALABARTE  /  20:30 Casa da Cultura
  • Sábado 10 novembro
Foro Courtier / 19:00 Casa da Cultura
“Paisaxes histórico-musicais da Terra Trives” e Concerto Express de  COMISA BAL
  • Domingo 11 novembro
Concerto de PANCHO ÁLVAREZ / 18:30 Casa da Cultura
  • Sábado 10 -Domingo 11 novembro
Curso intensivo de violino con Pancho Álvarez
Duración: 10 horas
Horarios: sábado 10 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00//  domingo 11 de 10:00 a 16:00.

No hay comentarios:

Publicar un comentario