8 sept 2012

Anxo Lorenzo e Riobó viaxan a Bélxica para participar no Schottish Weekend Festival

  
A vindeira fin de semana, entre os días 7 e 9 de Setembro, celébrase na localidade Belga de Bilzen a 27 edición do Schottish Weekend. Un festival polo que teñen pasado artistas da talla de Phill Cunningham, Capercaillie, Shooglenifty, Fred Morrison ou Michael McGoldrick, e que nesta ocasión conta coa representación galega de Anxo Lorenzo e Riobó. O gaiteiro de Moaña actuará o día 8 de setembro, mentres que o grupo de Begoña Riobó subirá ao escenario o día 9.
Logo dun intenso verán, Anxo Lorenzo está a preparar o seu novo traballo discográfico, que verá a luz a primeiros do ano que vén. Pola súa banda, Riobó continúa coa presentación do seu primeiro disco, co que xa colleitou boas críticas a nivel internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario