23 ago 2012
Aturuxo Folk en Bravos (Ourol)
No Concello de Ourol, sito na Mariña lucense, moi preto de Viveiro, si que saben como facer unha boa festa. Por iso, o vindeiro 8 de Setembro, a partir das catro da tarde, a diversión está garantida con xogos populares para tódalas idades.
A partir das nove da noite, comezan os concertos, e vaia concertos! Medio Quiñón, Chiculate, Muxarega e Os Tres Trebóns serán os encargados de poñer a guinda a esta xuntanza.
Ademáis, prezos populares, carpa por se chove e, como non, zona de acampada!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario