17 jul 2012

O Castello de Visconteo ábrese á música de Anxo Lorenzo, por primeira vez en Italia




Anxo Lorenzo ten demostrado que é un dos artistas Galegos con maior proxección internacional. Dous anos presentando o seu novo traballo “Tirán” foron tempo máis que suficiente para que a súa música chegase a países como Portugal, Inglaterra, Escocia, Bélxica, Gales, Alemania… e por primeira vez, a pasada fin de semana, a Italia. Unha actuación que supón o comezo artístico do gaiteiro neste país, ao que xa está confirmada a súa volta en 2013.

A actuación do pasado 14 de Xullo no Castello de Visconteo, na localidade de Pagazzano, dá boa fe de que a música de Anxo Lorenzo non ten fronteiras. Más de unha hora de actuación e os seus necesarios e aclamados bises, que fixeron as delicias do público italiano. Un público que enchía o patio central do castelo, o que supón un gran éxito nunha época tan difícil para a economía, segundo comentaba o promotor do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario