Temos á vosa disposición unha entrada doble para cada unha das dúas citas deste Gallaecia Folk Fest Metal grazas á organización do mesmo. Será os días:
- SANTIAGO venres 6 de Xullo:
Celtibeerian + Crying Wolves (Sala Moon).
- VIGO sábado 7 de Xullo
Celtibeerian + Crying Wolves + Tharanis (Sala Vals Concierto)
Para conseguilas, só teredes que enviar un correo a folkintrio@gmail.com co voso nome e a resposta a estas cuestións:
Santiago: De que cidade chegan os Crying Wolves?
Vigo: Cantos membros compoñen o grupo Celtibeerian?
Por suposto, podedes optar ó sorteo de ambas cidades se nos envías as respostas. Unha pista... podedes consultar todo na páxina oficial en Facebook da Gallaecia Folk Metal Fest: http://www.facebook.com/GallaeciaFolkMetalFest
Podedes anotarvos ata o venres 29 de Xuño ás 16:45 horas.
Podedes anotarvos ata o venres 29 de Xuño ás 16:45 horas.
Moita sorte e moita música!
No hay comentarios:
Publicar un comentario