O vindeiro domingo 6 de maio ás 20:00 h Treixadura presentará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Este concerto enmárcase nunha xira de inverno/primavera que xa os levou ao Auditorio Mar de Vigo (Vigo), o Auditorio do Pazo da Cultura (Pontevedra) e o Auditorio Municipal de Vilagarcía. Actualmente está pechando concertos para unha xira de verán por toda a xeografía galega.Treixadura é sinónimo de música tradicional. 20 anos de gravacións e concertos, 5 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. Dúas décadas compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.“Esa si que é muiñada”. (Treixadura, 2011) É un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que aínda se agochan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural..
4 may 2012
TREIXADURA PRESENTA “ESA SI QUE É MUIÑADA” NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO DA CORUÑA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario