29 feb 2012

As derradeiras 300 entradas de Heredeiros da Crus sairán á venda o xoves

As derradeiras 300 entradas para o concerto de Heredeiros da Crus sairán á venda o xoves
Debido á incrible acollida da venda de entradas para o concerto de regreso de Heredeiros da Crus o vindeiro 3 de marzo en Ordes, a piques de esgotarse nos puntos de venda físicos, Airapro sacará á venda unha tiraxe extra de 300 billetes. Poderanse adquirir este xoves a partir das 10 da mañá
Preto de 3.000 entradas vendidas en pouco máis de catro días. Un dato que demostra até que punto os fans dos Heredeiros da Crus estaban agardando o regreso do que foi un dos grupos máis emblemáticos e determinantes da historia do rock en galego. As entradas para o concerto que ofrecerán os Heredeiros o vindeiro 3 de marzo en Ordes, que saíron á venda o pasado mércores pola tarde, esgotáronse en internet durante a fin de semana, e están a piques de acabarse tamén nos puntos de venda físicos (ao mediodía do luns, só quedaban algúns billetes dispoñibles en Peggy Records -Ourense-, Don Disco -Lugo-, A Fundación -Melide-, Power Music -Boiro-, Hamburguesería Maral -Ordes-, Pub Ultramarinos -Compostela- e as oficinas de Airapro -Carral-).
Ante esta incrible acollida, Airapro Producións anunciou que o vindeiro xoves, 2 de febreiro, sacará á venda a través da súa tenda online unha tiraxe extra de 300 entradas. Serán os derradeiros billetes para o esperado o concerto da banda de Ribeira e poderanse adquirir vía telemática a partir das 10:00 da mañá na tenda online de Airapro:http://tenda.airapro.com
Pódese consultar toda a información actualizada ao minuto sobre os puntos de venda e as últimas entradas dispoñibles no facebook da tenda de Airapro: http://facebook.com/airaprotenda

No hay comentarios:

Publicar un comentario