28 nov 2011

Pentalfa en concerto no CULTURGAL, 2 de Nadal, 18:30, Pazo de Cultura de Pontevedra, Entrada de balde


Pentalfa é unha iniciativa que xorde da necesidade de realizar música espontánea sen grandes despregamentos técnicos e que pretende ser efectiva e efectista en calquera circunstancia e contexto. Galicia é o núcleo de partida destes 5 músicos pertencentes a diferentes agrupacións, bandas e propostas musicais (Luar Na Lubre , Citania, O Son da Terra...) que sobre a música tradicional e medieval elaboran un concepto rotundo, eficiente e sinxelo para chegar directamente ao espectador. Pentalfa son os 5 ángulos dunha estrela, que neste caso é a música, e os cinco músicos son as puntas que sobresaen. Maxia e música a través dos sentidos, o cosmos e a terra nai.


Patxi Bermúdez: Tambor e Bodhran
Xan Cerqueiro: Frautas
Bieito Romero: Gaita Galega, Gaita Midi e Zanfona.
Diego Barral: Guitarra
Xabier Ferreiro: Caixón, Udú , congas e bongós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario