22 nov 2011

Anxo Lorenzo regresa de Irlanda tras participar no William Kennedy International Piping Festival


Xa é un feito habitual a participacións de Anxo Lorenzo nos festivais de referencia da música Folk en Europa, resultado das boas críticas acadadas polo seu disco “Tirán” e pola súa espectacular posta en escena. Pero neste caso non se trata dun festival máis, xa que é a sexta vez que o gaiteiro de Moaña viaxa convidado ao William Kennedy Piping Festival, que celebrou a súa 18º edición na localidade irlandesa de Armagh entre os días 17 e 20 de Novembro.

A ocasión foi especial xa que por primeira vez Anxo se presentaba coa súa banda neste evento, no que xa é ben coñecido na súa faceta como solista. Alí, ademais de ofrecer a súa música, mestura de culturas con esencia galega, tivo a ocasión de colaborar coa recoñecida banda irlandesa Lúnasa nunha edición do festival que non defraudou a ninguén.

O paso de Anxo Lorenzo por Irlanda completouse cunha nova actuación ao día seguinte, esta vez en Belfast, no An Droichead.

No hay comentarios:

Publicar un comentario