2 jul 2010

Folk in Trío - Programa 2


O noso segundo programa vai a estar cargado de movemento, non imos ter nin un intre libre para tantas cousas que contar.

  • Festival de Ortigueira 2010

O venres estamos en pleno festival e antes de ir para Ortigueira faremos o programa aportándovos o maior número de detalles da cita ortigueiril. O cartel de este ano ten nomes coma Celtas Cortos, Leilía, Anxo Lorenzo, Rare Folk, Shooglenifty, Gaelic Storm, Marful, Oysterband... Será moi complicado facer que escoitedes unha canción de cada un dos mesmos pero intentaremos que coñezades moitos dos grupos que tocarán nese escenario Estrella Galicia.

  • Entrevista a Qui Hi Ha?

Non o estamos preguntando non, eles son Qui Hi Ha?, un grupo catalán que a noite do venres actúa tamén en Ortigueira. Son os gañadores do certame Runas 2009 e non asistirán en directo ao programa xa que estarán na vila coruñesa preparando o seu concerto, pero contactaremos con eles vía telefónica para que nos conten como afrontan un concerto así só unhas horas antes de que saian a dalo todo.




  • Sorteo de 2 discos de Tiruleque

Os Tiruleque non pasaron polo programa anterior en balde, e deixáronnos un par de discos para que o sorteemos no programa entre todos os que nos chamedes.

Non perdades a oportunidade de conseguir este disco, recomendación de FiT.



Por se aínda non o sabedes...

103,4 FM nos arredores de A Coruña ou CuacFm.org para todo o mundo!

Saúdos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario