- Parte a Delegación Galega do Interceltique de Lorient conformada por arredor de 150 persoas.
- Participarán no festival máis importante de Francia dende o 1 ó 10 de agosto.
O Festival Interceltique de Lorient naceu hai 44 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda e o norte de España (Galicia e Asturias).
Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras
fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares
onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas,
canadienses ou latinoamericanos.
Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar
nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do
festival, chegando a haber 100.000 espectadores de pago e 700.000 visitantes, o
que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo.
Un ano ben completo para Galicia, pois arredor de
150 galegos amosarán o seu bo facer nos distintos escenarios do festival. No
eido da música folk serán Cuarteto
Caramuxo os primeiros en amosar a súa proposta que ven de lograr o 2º posto
no certame Runas do Festival de Ortigueira; estarán tamén Bellón&Maceiras dúo que amosarán o seu estilo inconfundible na
vila. Por último, Óscar Ibáñez &
Tribo encherán de forza os palcos do Interceltique, un gaiteiro que está
presentando o seu disco “Alén do mar”.
Na parte máis tradicional os coruñeses Donaire amosarán o mellor do baile
tradicional galego, e as bandas de gaitas chegan dende Melide e Cotobade
(Pontevedra). Terra de Melide ven de
tocar no Festival de Ortigueira e Foula ensinarán
o seu repertorio especial para as terras bretonas.
Ademáis, teremos catro representantes no Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular.
Xesús Rodríguez, Marcos Tella, Lois Prado e Bruno Villamor foron os
seleccionados para disputar este concurso no que o xurado galego estará
composto por Alberto Coya e Suso Ascariz.
Actividades paralelas como a estrea do
documental “Cuéllar: a nova viaxe” onde
15 músicos galegos seguen os pasos do Capitán da Armada Invencible que
naufragou en Irlanda no século coa presenza do seu director David Ramos. A arte galega tamén estará
presente coa exposición da escultora de Ferrolterra Carme Romero no prestixioso Hotel Gabriel.