26 sept 2013
16 sept 2013
O Festival da Luz convírtese na súa 2ª edición nun referente no país
Tivemos a oportunidade de desfrutar da xornada do domingo no Festival da Luz que se celebra en Boimorto e quedamos absolutamente abraiados por todo o que rodea ó mesmo.
Boimorto era terra de contrastes, e foron estes mesmos os que lle daban moita da esencia ó festival. Podía pasar (e pasoume), que logo de desviarte cara Andabao, houbera unha retención de vacas que fixeran que perderas uns minutos antes de chegar ó recinto, que non cadraba que estivera alí pero logo duns kilómetros no rural galego, vías dende arriba a tremenda infraestructura que tiña un festival coma este, e sabías que sería un día para lembrar.
Pasaban uns minutos das 11:30 cando abrían as portas do recinto, e centos de persoas comezaban a encher o distintos postos de artesanía, alimentación, bebidas... e se ía aglutinando a xente no escenario principal para ver a primeira actuación do día, a de Xacarandaina, que fixeron un papel excepcional. Ós que nos gusta o noso folclore nos escenarios, tivemos unha boa ración do mesmo, xa que estamos acostumados a ver as súas galas, pero actuacións coma esta, se cadra é unha opinión persoal, pero fan que desfrutemos aínda máis co seu bo facer.
A actividade non cesaba, e non había máis de cinco minutos sen unha actuación, nun dos dous escenarios. Logo presentou Narf a súa nova formación, que lle gustou moito á xente, e con semellantes acompañantes non é de era de estrañar, o mesmo que sucedeu logo con Novedades Carmiña. Os Rastrexos Project tamén foron unha agradable sorpresa para o público xusto cando a gran maioría estaba xantando.
Ás tres e media da tarde comezaba o concerto de Sílvia Pérez Cruz, a cantante de Palafrugell xa encandilaba ó público cantando en galego, como fixo en xuño en Santiago, e a partir de aí só había que mirar a reacción da xente para ver que estabamos todos engaloiados escoitando a Sílvia e ós fantásticos Joan Antoni Pich, Mario Mas, Raúl Fernández "Refree" e Miquel Àngel Cordero que a acompañaron no concerto. De novo, a simpatía e achegamento que amosa sobre o escenario, fixeron que os asistesen desfrutasen, sendo moitos a primeira vez que a vían, como contaban ó finalizar o concerto logo de dúas gran cancións. A primeira foi a emocionante "Gallo rojo, gallo negro", canción que fixo que moitos a coñecésemos ó cantala con Coetus, e, pese a que non había tempo para máis, Luz Casal subíu ó escenario para dicirlle que podía facer outra aínda pasándose do tempo, o cal foi un xesto que amosou o poder da súa voz, xa que a seriedade cos horarios era total. Para rematar decantouse pola habanera "Vestida de nit" composición dos seus país, e todo isto coa pequena Lola, a súa primeira incondicional, aplaudindo na beira do escenario.
O festival comezaba a encherse, os Hollywater tiveron moita xente véndoos, pero a maioría ía cara o escenario principal para ver a Dover, a verdade mellor non facer moitos comentarios dese concerto, só que é unha demostración do que fai a música comercial, auténtico dor de cabeza para outros. Por sorte, logo foi o momento de Amparo Velasco, "La negra", que tamén encheu ca súa voz e o seu porte no escenario.
Carlos Núñez tocou uns minutos despois das sete da tarde, e fixo un repaso moi ben levado por case toda a súa traxectoria. Dende Irlanda a Brasil, os que estamos acostumados a velo xa sabemos algo de memoria o guión, pero sorprendeu engadindo cousas novas, xa que ata se animaron a cantar, dende logo saben como quedarse ca xente que os está vendo. O mellor foi a intervención de dúcias de gaiteiros e percusionistas da zona, que colaborando nalgúns dos temas, facían que soase cunha forza que levantaba ó público, a maioría agardando xa a Fito.
Non sabían moi ben o que se perdían todos os que agardaban o último concerto da noite, xa que o de Sés foi incríble. Penso que non hai artista en Galicia a día de hoxe que se quede máis ca xente, aínda que non a coñeza de nada. Coma en tódolos lugares, había algún que dicía "Pero esto que es, ¿un mitin?", o certo é que María Xosé o único que fixo foi dicir verdades, ás que nos ten acostumados. Sés é un fenómeno que segue o seu curso, e cada día máis xente aprende das súas cancións, do seu estilo, e da súa forma de vivir.
Fito e Fitipaldis servía para poñer o broche a un festival coma poucos, organización excelente, pago con púas, demarcacións de millo, os servizos entre este (emulando á gran muiñeira de Anxo Pintos), que son un claro guiño a calquera romería galega. Por poñer un pero, o excluído que estaba o galego no mesmo, pero de verdade que impecable todo a nivel organizativo, por moitos anos máis de Festival da Luz!
Pasaban uns minutos das 11:30 cando abrían as portas do recinto, e centos de persoas comezaban a encher o distintos postos de artesanía, alimentación, bebidas... e se ía aglutinando a xente no escenario principal para ver a primeira actuación do día, a de Xacarandaina, que fixeron un papel excepcional. Ós que nos gusta o noso folclore nos escenarios, tivemos unha boa ración do mesmo, xa que estamos acostumados a ver as súas galas, pero actuacións coma esta, se cadra é unha opinión persoal, pero fan que desfrutemos aínda máis co seu bo facer.
A actividade non cesaba, e non había máis de cinco minutos sen unha actuación, nun dos dous escenarios. Logo presentou Narf a súa nova formación, que lle gustou moito á xente, e con semellantes acompañantes non é de era de estrañar, o mesmo que sucedeu logo con Novedades Carmiña. Os Rastrexos Project tamén foron unha agradable sorpresa para o público xusto cando a gran maioría estaba xantando.
O festival comezaba a encherse, os Hollywater tiveron moita xente véndoos, pero a maioría ía cara o escenario principal para ver a Dover, a verdade mellor non facer moitos comentarios dese concerto, só que é unha demostración do que fai a música comercial, auténtico dor de cabeza para outros. Por sorte, logo foi o momento de Amparo Velasco, "La negra", que tamén encheu ca súa voz e o seu porte no escenario.
Carlos Núñez tocou uns minutos despois das sete da tarde, e fixo un repaso moi ben levado por case toda a súa traxectoria. Dende Irlanda a Brasil, os que estamos acostumados a velo xa sabemos algo de memoria o guión, pero sorprendeu engadindo cousas novas, xa que ata se animaron a cantar, dende logo saben como quedarse ca xente que os está vendo. O mellor foi a intervención de dúcias de gaiteiros e percusionistas da zona, que colaborando nalgúns dos temas, facían que soase cunha forza que levantaba ó público, a maioría agardando xa a Fito.
Fito e Fitipaldis servía para poñer o broche a un festival coma poucos, organización excelente, pago con púas, demarcacións de millo, os servizos entre este (emulando á gran muiñeira de Anxo Pintos), que son un claro guiño a calquera romería galega. Por poñer un pero, o excluído que estaba o galego no mesmo, pero de verdade que impecable todo a nivel organizativo, por moitos anos máis de Festival da Luz!
13 sept 2013
11 sept 2013
GAITEIRO MAIOR, concurso de gaiteiros no Luar da TVG
Concurso de Gaiteiros Solistas. “Gaiteiro Maior”.
• Poderán participar os maiores de 16 anos. Os compoñentes teñen que ser aficionados.
• Os concursantes aportarán o vestiario.
• A inscripción será gratuita. Televisión de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento, catering e 50 € a cada gaiteiro en concepto de colaboración.
• No concurso poderá haber cantas fases decida a Dirección do Programa atendendo a criterios de audiencia.
• Os concursantes teñen que realizar os diferentes ensaios de imaxe e sonido no plató.
• O Xurado está formado por Susana Seivane, Lorena Freijeiro e Cristian Silva. (Suxeito a posibles cambios).
• O concurso ten como premio unha dotación económica de 4000€ para o gañador ou gañadora, e 2000€ para o segundo clasificado, que estarán suxeitos ás correspondentes retencións do IRPF.
Para participar: manda un correo co teu nome e teléfono de contacto a luar@crtvg.es ou chama ao teléfono 981540636.

10 sept 2013
5 sept 2013
A Casa das Crechas comeza a temporada o luns cunha festa-concerto brasilega gratuita
- BRASILEGANDO – Sérgio Tannus Trio e amig@s - luns 9 ás 22h (de balde)
- Trampoline (folc) - martes 17 ás 22.30h (4€)
- Combo Dinamo (pop-rock) - martes 24 22.30h, 5€
- Volven as Foliadas coa Banda das Crechas os mércores
Compostela, 6 de setembro de 2013. A Casa das Crechas comeza a temporada musical cunha festa brasilega o vindeiro luns, comandada polo músico Sérgio Tannus e amigos/as. É gratuíta e estades todos convidados/as a asistir. Sérgio presentará a súa nova web, celebrará o seu aniversario e tocará e cantará temas do seu último disco.
Ademais, este setembro os vigueses Trampoline presentarán aquí o seu primeiro álbum, ‘Motivations’, ao igual que os coruñeses Combo Dinamo, que farán o propio co seu segundo traballo ‘Quieto, muere, resucita!!!’.
Velaquí a programación completa...
Luns 9 ás 22h (de balde)
BRASILEGANDO – Sérgio Tannus Trio e amig@s
Festa - Concerto
Lanzamento de www.sergiotannus.com
Festa - Concerto
Lanzamento de www.sergiotannus.com
FOLIADA (1€)
Mércores 11
Mércores 11
Martes 17 ás 22h30 (4€)
TRAMPOLINE
TRAMPOLINE
Cancións pletóricas de emocións cunha visión pop pouco común é o que nos trae dende Vigo este trío de folk acústico. Enraizados nos sons americanos máis próximos a autores coma Andrew Bird ou Iron & Wine, e cunha delicadeza nas súas melodías máis propia da música británica e de bandas con certa nebulosa coma Radiohead, os vigueses nos presentan por fin o que resulta ser o seu primeiro álbum, “Motivations”.
FOLIADA (1€)
Mércores 18
Mércores 18
Martes 24 ás 22h30 (5€)
COMBO DINAMO
COMBO DINAMO
Quieto, muere, resucita!!! foi o título do segundo LP da banda, un disco cheo de cancións con personalidade que acadou excelentes críticas. O quinteto coruñés escolle agora a Casa das Crechas para regresar aos palcos e comezar a xira de presentación dun novo disco titulado Combo Dinamo EP Nº1. Agárdanos un directo intenso que vai dende o power pop ao pop máis clásico ou o rock máis moderno.
FOLIADA (1€)
Mércores 25
Mércores 25
Luns 30 (por convite)
BUDIÑO
“SOTAQUE” [showcase]
“SOTAQUE” [showcase]
SÉS reanuda a xira de presentación do seu novo disco "CO XENIO DESTROZADO"
SÉS volta aos escearios para continuar coa xira de presentación do seu novo álbum "CO XENIO DESTROZADO"
"Co Xenio Destrozado" viu a luz o pasado 7 de Xuño, e foi presentado ese mesmo día nun Teatro Principal de Santiago de Compostela cheo ate a bandeira. Nestes meses o disco converteuse nun dos máis vendidos do ano e os concertos da xira de presentación enchen salas, teatros e prazas de toda Galiza. Agora, e tras un breve parón para coller forzas.. SÉS volta aos escearios para seguir coa xira de presentación de "Co Xenio Destrozado".
Domingo 8 de Setembro Sala Aturuxo (Bueu) 21:00h
Venres 13 de Setembro Festas de Montealto (A Coruña)
Domingo 15 de Setembro Festival de la Luz (Boimorto)
Venres 11 de Outubro Bar Liceum (Porriño)
Sábado 19 de Outubro Club Clavicémbalo (Lugo)
Venres 25 de Outubro Pub Gatos (Melide)
Sábado 26 de Outubro Teatro de Ribadeo
Sábado 9 de Novembro Teatro Principal de Pontevedra
Xoves 28 de Novembro Pazo da Cultura de Narón
Sábado 21 de Decembro Cine Alovi (As Pontes)
en breve máis datas!!
www.mariaxosesilvar.com

2 sept 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)